Categorías
Chuzanews

Chuzanews 32

Aquí rematan -xa non era sen tempo- as Chuzanews. Agora, tocarán outro tipo de podcasts. Por certo, non menciono o autor e título do tema que soa ao comezo: Diet Coke de Rifle Nice. Queda clausurado este podcast.

Nota: en principio, só sairá en OGG. Por tocarlosgüevos.

Play
Categorías
Chuzanews

Fin de etapa

Como o tema das Chuzanews ultimamente xa non daba máis de si, decidinlles dar o remate definitivo. Así que, como xa moita xente saberá, as 32 serán as derradeiras, e non haberá máis, a non ser que alguén queira recoller o relevo. Espero non crear expectativas excesivas, mais a miña intención é facer un final por todo o alto… e que non deixe ninguén indiferente.

Categorías
Chuzanews

Chuzanews 31

Por fin unha nova edición! Desta volta, con novidades en Chuza!, como os Chíos ou a Chuzarrascada Nacional. Breve crónica do derradeiro concerto -polo de agora- dos Megaloves. Regresa o One Hit Wonder, agora en versión One Hit Wonder dun One Hit Wonder. A música CC desta volta é de The Vocoder Pop EP, de Elias Damian, que se pode baixar de aquí, en Jamendo.com.

Play
Categorías
Radio Modesto

Novo reprodutor

Actualicei o PodPress á versión 8.1, que agora inclúe reprodutor en liña para os arquivos OGG Vorbis. Non vos queixaredes…

Categorías
Chuzanews

Chuzanews 30

Xa están aquí! Desta volta, uns androides replicantes, medio reintegratas, medio neofalantes, secuestráronme e tomaron o control do podcast. Coido que hai música -agora baixo licenzas Creative Commons– e unha homenaxe a un documental e a varias efemérides destes días.

Play
Categorías
Chuzanews

Chuzanews 29

Por fin rematamos cos recompilatorios. Desta volta, o mellor dos podcasts 21 ao 25. Ademais, moitas novidades, homenaxe ás letras galaicolusoreintegracionistas e, sobre todo, voces novas.

Play
Categorías
Chuzanews

Chuzanews 28

Non houbo moitas contribucións, pero, aproveitando a inactividade do día do Traballo (que gran paradoxo), xa saíron do forno as novas Chuzanews, o podcast que non ten nada que ver con Chuza!

Recibimos dúas dedicatorias especiais para Nemigo, cuxo papel na rede galega nunca será o suficientemente valorado. Por certo, que poñendo alcumes vaise converter axiña no noso James Ford/Sawyer particular. 😉

Non é Nemigo

Play
Categorías
Chuzanews

Chuzanews 27

Despois de moito tempo agardando, xa están aquí. E non só son un clip-show das CHN 13-20, senón que tamén inclúen unha convocatoria moi interesante.

Enviade as vosas mensaxes de apoio a Nemigo a chuzanews arroba gmail punto com.

Play
Categorías
Radio Modesto

En galego

Xa están traducidas practicamente todas as mensaxes deste blogcast, e púxenlle aí abaixo eses pequenos botóns promocionais, que non publicitarios. As chuzanews? Esta tarde, a ver.

Categorías
Radio Modesto

Meme(z) sesuarl

Como xa explico no propio podcast, non puiden fuxir desta obriga moral. Advertencia: igual non senta ben se se escoita mentres se ERDF. A duración non está demasiado mal: vinte minutos. E, antes de que ninguén diga nada, porque a este blogueiro non lle gusta que lle corrixan as grallas, porque non ten, nin os fallos, que si que os ten pero non lle fai ningunha graza que llos boten á cara: onde digo “principios dos oitenta” debín dicir “finais dos oitenta”, concretamente 1988. De nada.

ERDF

Play