Categorías
Radio Modesto

Para cando as CHN 27?

Pois axiña, axiña…

Categorías
Chuzanews

Chuzanews 26

Non se me emocionen, que a cousa non é para tanto. Trátase dun deses decepcionantes clip shows que non teñen nada de novo e que serven para encher o tempo dun episodio sen apenas custo. Pois si: estas chuzanews son un resumo con cachiños de todas e cada unha das chuzanews dende a 1 até a 25. Podía ter sido peor…

Play
Categorías
Radio Modesto

A primeira impresión

…é a que conta.

Play
Categorías
Radio Modesto

Unha mensaxe inesperada

Recibín esta mensaxe. Unha mensaxe de esperanza para moitos.

Play
Categorías
Radio Modesto

Vacacións

Queda moito mellor dicir que estiven un mes de vacacións que confesar que non tiven tempo ou ganas de actualizar este podcast. De todos os xeitos, palabriña do neno Xesús que as próximas chuzanews están ao caer… Esta fin de semana, case seguro. En todo caso, tamén está pendente un resumo dos 25 primeiros podcasts, estilo morriña dixital. E retunear isto un pouquiño, que, ao actualizar ao WordPress 2.1, perdín a ínfima tradución que fixera do patrón. E engadir algún que outro banner de colegueo e todo iso.

Buffff!

Categorías
Chuzanews

Chuzanews 25

As primeiras chuzanews do ano 2007 falan de mudanzas, juristas spammeiros, chanantes en stand-by e, por suposto, da ceanza. Tamén recuperamos a sección One Hit Wonder cun tema que está de novo de actualidade pero que non ten nada de actual.

Play
Categorías
Radio Modesto

Feliz 2007

Outra mensaxe musical para todo o mundo. Non todo van ser Chuzanews, non é?

Play
Categorías
Chuzanews

Chuzanews 24

Nestas datas tan entrañábeis, nun marco incomparábel, como non podía ser doutro xeito, fundamentalmente, chegan as novas chuzanews en pleno Nadal. Os contidos do programa 24 son: Ascaplan integral. A lista de Mister Blogomorgue. Momento gafapasta no fedello. Vacacións.

De momento é todo. Aínda que xa sei que ninguén le isto, aproveito para desexarlle a todo o mundo unhas boas festas.

Play
Categorías
Radio Modesto

Regalo de Nadal

Pois Pai Natal tróuxome este podcast no que se dedican cancións ás persoas e ás non persoas tamén que no seu propio blog piden cancions das que lles gustan pero ao mellor tamén das que non lles gustan pero que están relacionadas con estas datas tan sinaladas porque claro son así de entrañábeis e carismáticas como dicía meu avó é de bo nacido ser agradecido e por iso nun día como o de hoxe que é nadal poño este podcast que é así como moi destas datas e que cada vez que o escoites lembrarás todos os teus familiares e amigos e tamén por que non os teus inimigos que sen eles a vida non sería como é senón doutro xeito e claro dende logo non pode ser doutra maneira de todas todas xa non sei que mais dicir pero ben aquí tedes este podnadal que espero que vos guste moito sobre todo á xente que puxo cousas relacionadas con estas festas no seu blogue xa corto vale veña adeus beizóns.

Podnadal

Play
Categorías
Chuzanews

23 de decembro

Hoxe aínda non hai novas chuzanews, Galinsoga, pero hai isto, Machús:

Play